
- Editorial:
- OQO Editora
- Año de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-9871-497-5
- Páginas:
- 36
- Encuadernación:
- Cartoné
FEROZ, O LOBO
DEL MAZO FERNANDEZ, MARGARITA
Feroz, o lobo, pasara a noite toda deambulando polo bosque. Andaba tan atarefado que nin tempo tivera de lle ouvear á lúa, cousa imprescindible na vida dun lobo.
Cando esperta, Feroz, arránxase e sae a toda présa en busca de Carapuchiña. Pasa pola casa da avoa, da nai e finalmente pola dos tres porquiños. Pero, non só non dá con ela, senón que polo camiño recibe insultos, guíndanlle unha xerra de auga e ata un ladrillo. Ferido, coxo e con fame de lobo, adéntrase no bosque, onde por fin a atopa. Con tino, achégase a ela, mais Carapuchiña asústase e, ao berrar, un cazador dispara a Feroz, que bate co corpo no chan.